trabuco

Cantidade que o cidadán paga para contribuír aos gastos públicos (popular)

Etimoloxía

Palabra popular que ten a súa orixe nestoutra de orixe catalán, trabuc.

Exemplos *

“Os Concellos de área reducida non poden cumprir as mandas que se lle impoñen, e os de área extensa non levan até os habitantes afastados da Casa consistorial máis que o reparto dos trabucos.” (Daniel Rodríguez Castelao: Sempre en Galiza, 1944)

“Pero non é así, pois con tantas rendas e trabucos os labregos tamén manteñen unha ociosa raza de intermediarios, os fidalgos, que lles chuchan ata a última pinga de sangue.” (Xosé Mª Lema: Costa do Solpor, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.