Acción e resultado de traducir
Etimoloxía
Palabra culta que vén desde a latina traductio ‘acción de transferir’.
Exemplos *
“Máis agora quería quedar nas fronteiras da lingua, porque iso me leva a falar da necesidade da tradución e dos atrancos que nese eido atopamos as persoas que escribimos en galego.” (Agustín Fernández Paz: O rastro que deixamos, 2012)
“A tradución a calquera lingua da obra de Rimbaud é, sen dúbida, unha grande noticia cultural.” (C.V.: Sermos Galiza, 3-8-2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.