Persoa que fai traducións
Etimoloxía
Termo que vén do latín traductor, -oris que significaba ‘o que fai pasar dun lugar a outro’.
Exemplos *
“A poeta foi tradutora. Trouxo historias de lonxe para nós. Foi como a nena que trae nun cubo parte do mar para encher un burato na area.” (Emma Pedreira e Laura Romero: XelArias. Palabra á intemperie, 2021)
“Naquela casa traballaban calígrafos, miniaturistas, tradutores, impresores, oficiais e aprendices. Era un mundo arredor das letras descoñecido para a inmensa maioría dos habitantes do mundo exterior, dos viandantes das rúas de Compostela.” (Pemón Bouzas: A voz do vento, 2014)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


