Conxunto de instalacións (tubos, bombas etc.), por medio das cales se trae a auga dun lugar a outro, en particular aquelas que aseguran o abastecemento de auga potable desde un manancial ás vivendas
Etimoloxía
Voz derivada sobre o verbo “traer” do latín trahĕre 'levar arrastrando', 'traer cara a así'.
Exemplos *
“Teñen un gran auxe os alfares de Buño durante os séculos XVI e XVII. Serían artesáns deste lugar os que fixeron os canos para a primeira traída da augas da fonte do Mercado da Coruña no ano 1564.” (Adrián Abella e Héctor Pose: Alfarería de torno en Buño, 1994)
“Hai multitude de traballos en común que perviven no rural (...) penso na colaboración para face-la casa dun veciño, na malla do trigo, na construción dun camiño ou dunha nova traída da auga para a aldea.” (AA.VV.: Cooperativismo e economía social, 1996)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


