Vehículo formado por unha cabina de tracción e un destes remolques
Etimoloxía
Palabra adaptada da inglesa trailer ‘vehículo arrastrado por outro’.
Exemplos *
“Elas permítenlle soñar con tráilers de catro eixes e autobuses cargados de obreiros da construción.” (Xurxo Borrazás: Costa Norte/ ZFK, 2008)
“...albiscabamos con envexa o escenario móbil dunha das grandes orquestras, repoñendo nunha estación de servicio, coma se dun tráiler de transporte internacional se tratase.” (Xesús Fraga: Tute para catro, 2000)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.