traíña

Aparello de cerco empregado antigamente para a pesca da sardiña.

Etimoloxía

Formouse a partir do verbo traginare, forma usada no latín vulgar en substitución do clásico trahere 'arrastrar'.

Exemplos *

"Na pesca da traíña utilizábase unha lancha grande, o barco ou galeón, e tres lanchas que o acompañaban …" (Carlos Sixirei Paredes: A emigración)

"… apedraron daquela a súa casa con motivo de diversos incidentes rexistrados na cidade en momentos de gran tensión, provocados especialmente polo polémico uso da arte da traíña na ría viguesa." (Xerardo González Martín: Vigo. No espello dos nosos avós)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.