Antiga embarcación longa e estreita utilizada para pescar con traíña, que constaba de doce bancos e era movida por vinte e cinco ou trinta remeiros / Embarcación deportiva de banco fixo, longa e estreita, na que vogan catorce remeiros
Etimoloxía
Voz formada sobre “traíña” que vén do latín *traginare que nos leva ao clásico trahere ‘arrastrar’.
Exemplos *
“E se dunha vila hai que falar nesta temporada de traiñeiras é do Grove. Historicamente toda unha potencia no remo.” (X.M.P.: Sermos Galiza, 24-8-2012)
“Na pesca máis ou menos artesanal (tarrafas, traiñeiras, xeiteiras...) os mariñeiros ían á parte, sendo xeralmente a metade do produto da venda para o armador (...) e a outra metade dividida a quiñón entre a tripulación.” (Colectivo de Historia Xerminal: O movemento obreiro en Galicia, 1990)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


