Paxaro pequeno semellante ao chasco, que aparece pola sementeira
Etimoloxía
A orixe do termo non resulta clara. O nome científico é Muscicapa striata.
Exemplos *
“Trallóns, estreliñas riscadas, galiñas de auga, papamoscas ou picapeixes son algunhas das especies que conviven na marisma do Lérez.” (Sara Vila: Diario de Pontevedra, 1-1-2021)
“Os investigadores detectaron tamén un lixeiro aumento na poboación da papuxa do mato e do chasco norteño, pero ao mesmo tempo rexistraron un descenso significativo da papuxa común, o trallón e o picafollas musical.” (Francisco Albo: La Voz de Galicia, 12-3-2009)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.



