Cada un dos pasos que hai que dar ata a solución final dun asunto
Etimoloxía
Nome que chega desde o equivalente do latín trames, itis que significaba ‘camiño’, ‘verea’.
Exemplos *
“Desde hai case un ano, o Tribunal Supremo está pendente de admitir a trámite ou rexeitar a interposición dun recurso de casación presentado pola Asociación Galega pola Liberdade do Idioma (...)” (H. Vixande: A Nosa Terra, 04-12-2008)
“Evítanse trámites enmarañados, como aturar o tendeiro, falar con el, coller o talle, a medida, preguntar avergoñado o prezo para despois dicir que non.” (Juan Manuel Parcero Martínez: Sangue no ollo, 2011)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.