trancazo

Gripe ou catarro forte

Etimoloxía

Esta forma deriva de tranca, de orixe incerta, prerromana e probablemente céltica.

Exemplos *

"A única vez que me sorriu en máis de dous anos foi cando a chamei aquel venres de decembro, con aquel trancazo que eu tiña, e saíume un ¡Isabel!, que parecía dun cadelo afónico …" (Manuel Seixas: Viñeron do espacio interior)

"Iso foi outro domingo, que estaba doente o probe do mozo, que disque tiña o trancazo." (Eduardo Blanco Amor: Teatro pra a xente)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.