Que toma todo a broma, que ten bo humor, é amigo de andar de troula e está sempre disposto a divertirse
Etimoloxía
Vocábulo derivado destoutro “trangallo” que, á súa vez, vén de “tranca” palabra prerromana, de orixe incerta, probablemente celta.
Exemplos *
“No canto de aterse a temas inocuos, picantes, idóneos como aperitivo do amor, enredárase no asunto do espacio, que tanto lle tiña, e perdera a noite de tronda por unhos trangalleiros de Ribadavia, intoxicados con treixadura e Expediente X.” (Bieito Iglesias Araúxo: A vida apoteósica, 2001)
“—¡Música, música! — demandaron algús, cheos de entusiasmo. Entón , o pito de alarma de Tentimán encheu a rúa de hirtas trepidaciós; e aquela música desagradou de tal xeito ó fato de trangalleiros, que dándolle sebo ós pés, rispáronse máis que de présa.” (Victoriano Taibo: Da agra aberta. Contos e lendas, 1956)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.