tranquilidade

Calidade ou estado de tranquilo

Etimoloxía

Termo que vén do equivalente latino tranquilitas ‘calma’.

Exemplos *

“Daquela a casa acadaría o estado da perfección, e podería durmir sen preocupacións, quizais ter a tranquilidade de ánimo necesaria para emprender novos proxectos.” (Marilar Aleixandre: O coitelo en novembro / Deseño, 2010)

“Marcho relaxada e confiada coa tranquilidade que me dá non ter que tomar ningunha decisión ata o outono.” (Clara do Roxo: Obras breves de imaxinación. Obras gañadoras do Premio de Relatos Mulleres Progresistas 2007-2011 / Surrealidades, 2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.