transbordador

Vehículo espacial que pode transportar a súa carga ata o espazo e logo regresar á Terra para volver realizar outra misión.

Etimoloxía

Para chegar a esta palabra partiuse de bordo, tomado do francés bord.

Exemplos *

"O telescopio Hubble recibiu a nova cámara en marzo, durante a misión STS-109 do transbordador espacial, na que foi dotado de numerosas melloras, entre elas unha nova unidade de potencia …" (O Correo Galego 06-05-2002)

"… os cativos das súa xeración xa viran a cousa aquela, o home na lúa -saltiños coma de pardal riba das cinsas- e eran os foguetes espaciais, as naves espaciais, os transbordadores espaciais, os enxeños mecánicos que lles levaban a fala toda." (Xabier López López: O mono no espello)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.