Persoa que vai andando por unha vía pública
Etimoloxía
Voz que procede do latín transiens, transeuntis, participio presente do verbo transīre 'ir dun lugar a outro', 'pasar'.
Exemplos *
“É de noite e as estrelas brillan no ceo da cidade. Hai transeúntes pola rúa: unha parella falando de pé; e outras xentes.” (Pere Tobaruela: A teoría dos contrarios, 2016)
“A esas horas aínda non había moito transeúnte ávido de consumismo voraz polas tendas que ateigan a rúa do Príncipe, e ás cinco menos dez encarreiraba a rúa Urzaiz, unha longa gorxa que engulía todo o tráfico humano directo ao centro da cidade.” (Pedro Feijoo: Os fillos do mar, 2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


