transformador

Aparello que serve para transformar a intensidade, tensión ou a forma dunha corrente eléctrica.

Etimoloxía

Deriva de transformar, do latín transformare, creado a partir de forma –ae ‘figura’.

Exemplos *

“É unha pelexa constante e dura, a dos veciños de Moraña contra tres antenas de telefonía móbil e un transformador, sitos na zona de Santa Lucía, nas proximidades do colexio.” (Alberte Rivero: A Nosa Terra 04-12-2008)

“O incendio, sufocado polos bombeiros, produciuse ás 10.00 horas por unha sobrecarga no transformador.” (De Luns a Venres 23-01-2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!.

Cubre a enquisa aquí