Pequeno aparello de radio no que se usa este dispositivo.
Etimoloxía
Chega a través do termo inglés transistor que é produto híbrido de trans[fer] 'transferir' e [res]istor 'resistencia'.
Exemplos *
"Colocou un pequeno transistor sobre o cabezal e estirouse placidamente" (Xosé A. Ballesteros: Talego)
"Non sen dificultade, ela conseguiu programa-lo transistor, deixándoo sintonizado e disposto para desactivarse só ó gume da madrugada." (Francisco Xosé Fernández Naval: Tempo de crepúsculo)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.