Calidade de transixente
Etimoloxía
Vocábulo formado a partir de “transixir” que vén do verbo latino transigere de significado análogo.
Exemplos *
“Desenganádevos, xuíz Rosende, nas actuais circunstancias o mellor para todos é a transixencia.” (Agustín Magán: Os rebertes. Retablo escénico en catro cadros, 1993)
“Eu como muller no mundo árabe nunca tiven ningún problema que non haxa podido ter noutro lugar non árabe. Con respecto, tolerancia e transixencia créanse amigos en todo o mundo.” (Natalia Sequeiro: O Correo Galego, 14-10-2001)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.