Acción de transmitir (facer pasar unha enfermidade, xerme patóxeno etc. dun organismo a outro).
Etimoloxía
Chegou do latín transmissio –onis, derivado de transmittere ‘mandar dun lugar para outro’.
Exemplos *
“A transmisión dunha enfermidade infecciosa dunha especie a outra chámase zoonose. Hoxe non hai practicamente dúbidas de que a SIDA é unha zoonose.” (Xurxo Pérez Pintos e Xosé Bouzó Fernández: As bioinvasións na Galiza)
“Debo advertirlle algo -díxome o especialista nunha das primeiras consultas-. A súa enfermidade é de transmisión xenética.” (Manuel Darriba: Velada do billarista)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.