transplante

Intervención cirúrxica que consiste en substituír un órgano ou un tecido enfermo ou danado por outro san

Etimoloxía

Palabra que bebe do verbo “transplantar” que é unha voz derivada sobre “plantar” que procede do verbo latino plantare de significado semellante.

Exemplos *

“As bacterias altamente resistentes a antibióticos son xa un problema de saúde pública (...) porque nos hospitais poden ser letais, porque moitos pacientes teñen baixas defensas, como por exemplo sucede cos que reciben un transplante.” (Eduardo Rolland: GCiencia. O portal da ciencia galega, 3-2015)

“Para alemáns, franceses... Calquera posíbel receptor pode reclamar un cordón do banco galego se é compatíbel. Desde a súa posta en marcha, uns setenta e cinco pacientes beneficiáronse de transplantes grazas a estes depósitos.” (Rita González: Galicia Hoxe, 15-03-2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.