tranvía

Vehículo para transporte de viaxeiros polo interior das poboacións, que se despraza sobre raís e se move mediante electricidade

Etimoloxía

Adaptación ao galego do termo inglés tramway co mesmo significado.

Exemplos *

“Parecía que naquela hora irreverente do amencer, cando unha mesta brétema abrazaba as cúpulas das igrexas, os tranvías comezaban a espertar os residentes cos seus primeiros percorridos (...)” (Xerardo Agra Foxo: O violinista de Malá Strana, 2008)

“E polo Portazgo de Xuvia pasaba o tranvía cun renxer acatarrado como pedindo árnica.” (Vicente Araguas: Xuvia-Neda/ Pois o tempo non era chegado, 2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.