trapecio

Cuadrilátero que ten dous lados paralelos e desiguais.

Etimoloxía

Procede do grego trapezion 'mesa pequena'.

Exemplos *

"… pérdome por unha rede de paseos labirínticos, bato na alameda, ando e desando a rúa central, ancho río de plátanos espidos, métome en triángulos, círculos, trapecios e coroas." (Anxo Angueira: Terra de Iria. Viaxe ó país de Rosalía de Castro)

"Os conectores típicos dos ratos poden ser parecidos ós dos teclados, ou en forma de trapecio, chamados conectores en serie …" (Emilio García Roselló: Guía de introducción á Informática)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.