Deitarse moi tarde pola noite, ou pasala sen durmir
Etimoloxía
Vocábulo derivado que se forma sobre “noite” que vén do latín noctem de significado semellante.
Exemplos *
“Morro de sono, anxo, non estou afeita a madrugar nin a trasnoitar, que hora é? Unha hora antes da saída do sol.” (Marina Mayoral: O anxo de Eva, 2013)
"Xa non só polo feito de que trasnoitar nos obrigue a durmir unha vez o sol esperta, senón pola desorde horaria." (Laura Camino: Galica Hoxe, 20-03-2011).
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.