tratamento

Procedemento ou conxunto de medios farmacolóxicos, hixiénicos, cirúrxicos etc., que se utilizan para previr ou curar unha enfermidade ou un enfermo ou con fins estéticos

Etimoloxía

Termo derivado sobre “tratar” que chega do latino tractare de significado semellante.

Exemplos *

“Despois de realizar o tratamento tan só unha semana, nunca máis, ¡remedio santo!” (Afonso Eiré: Eu tamén fun coas vacas, 2000)

“Se tardou máis tempo en recuperarse foi polas múltiples sangrías que o médico lle practicaba polo día, e que o deixaban extenuado e sen forzas durante as horas seguintes ao tratamento.” (Natalia Carou Figueira: O alento nas costas, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!.

Cubre a enquisa aquí