Persoa que trata ou comercia con algunha mercadoría, en particular a que trata con gando
Etimoloxía
Palabra que se crea sobre o participio de presente de “tratar” que procede do latín tracto ‘traballar, preparar, tratar’.
Exemplos *
“Clemente sentíase culpable deste escrutinio, estaba actuando como un tratante de feira que lle mira os dentes ó gando.” (Bieito Iglesias: A historia escríbese de noite, 2001)
“A familia dos Lizáfaros, coñecidos e ricos tratantes de cabalos. O vello Lizáfaro era un home de moito respecto pola súa rectitude e bo xuízo.” (Ánxel Vázquez de la Cruz: Luz de tebra/ Os xítanos, 2010)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.