trauma

Emoción violenta que deixa unha fonda pegada no subconsciente e que pode modificar a personalidade dun individuo sensibilizándoo ante emocións da mesma natureza

Etimoloxía

Vocábulo procede do grego traûma 'ferida'.

Exemplos *

“Eu sonlle moi delicado dos nervios, como teña que traballar, gaño un trauma coma unha casa.” (Suso de Toro: Unha rosa é unha rosa (Unha comedia de medo), 1997)

“As terapias poden ser necesarias para resolver atascos en: comunicación, emocións, (...) enfrontamentos a situacións e dificultades, relacións con outros, conflitos, roles asumidos ou complicados de asumir, decisións, etapas da vida, transicións, dós, traumas, etc.” (María Carou: Sermos Galiza, 11-4-2019)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.