travesía

Viaxe en que se atravesa unha extensión definida de auga, terra etc.

Etimoloxía

Palabra formada sobre a base de traves- á que se engade o sufixo -ia e designa o ‘acto de atravesar’

Exemplos *

“Ao longo da travesía estes navegantes foron aprendendo numerosos aspectos da vida do mar (...).” (Xaquín Penas Patiño: A arca de Noé. Elementos de Oceanografía e Bioloxía mariña, 2006)

“Logo dunha travesía chea de incidentes que me deixaron mal sabor de boca, cheguei por fin ao meu destino.” (Teresa Moure: Herba Moura, 2007)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.