traxe de baño

Peza de roupa que se utiliza para bañarse.

Etimoloxía

Nesta denominación combínanse dúas formas de procedencia latina: traxe, procedente de trager, forma antiga do verbo traer, de trahere, e baño, de balneum.

Exemplos *

“Os tres saíron da casa o pasado 1 de xaneiro con lentes de sol e traxe de baño como única equipaxe.” (Rosa Aneiros: A Nosa Terra 12-03-2009)

“Piso a area. A auga chégame pola cintura. Non estou nu porque levo traxe de baño.” (Xavier López López: O caderno)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.