Chuvia intensa e súbita que pode ir acompañada de vento e que adoita ter pouca duración.
Etimoloxía
Deriva de trebón, que se relaciona co latín turbone 'remuíño'.
Exemplos *
"… contaba o que lle sucedeu unha noite de gran treboada cando se atopaba só cunha considerábel cantidade de sacos cheos de gran para moer …" (Xosé Lois Ripalda: A cultura do pan)
"Foi ó día seguinte, logo de pasada a terríbel treboada, cando tiveron vagar para inspeccionar o lugar e comprobar as súas posibilidades." (Xoán Bernárdez Vilar: A saga da illa sen noite)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.