tremedal

Terreo, xeralmente cuberto de herba, en que nace auga e que se move ao pisalo

Etimoloxía

Palabra que garda relación co verbo “tremer” que vén do latín tremere ‘tremer’ ou ‘vibrar’.

Exemplos *

“Voarían os pintasilgos, xemerían as rulas, croarían as ras no tremedal, danzarían as lavandeiras nos sucos recén abertos? 'Prepárate para as sorpresas, dicíase, nada será como era nin como pensas. Só o mar estará alí, o mar que, en definitiva, é a onde queres volver'.” (Xoán Fuentes Castro: O pescador de cana, 2006)

“Non había ningunha posibilidade de encontrar pegadas no tremedal, pois o bulleiro zumegaba e recubríaas axiña, pero ó que puxemos pé en terra máis dura, buscámolas con ansia.” (Arthur Conan Doyle : O can dos Baskerville (tradución: Bieito Iglesias e Manuel Vázquez), 1996)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.