tremelicar

Tremer co frío ou co medo

Etimoloxía

Voz que se forma desde do verbo “tremer” que vén do latino tremere ‘tremer’, ‘palpitar’ ou ‘recear’.

Exemplos *

“Ao principio seus pais tremelicaban de medo coas faltas, máis tarde foron acostumándose e xa coñecían cada cubil, cada acocho onde Silesio, émulo do gran Robinsón, construía cabanas, alimentándose das pavías e mazás das leiras.” (Xosé Carlos Caneiro: Un xogo de apócrifos, 1998)

“Camiñamos uns cantos pasos polo sombrío bosque e o que atopamos diante nosa deixou os nosos ollos como pratos, os nosos dentes chaveando e as nosas pernas tremelicando, mais inmobilizadas polo medo.” (Pemón Bouzas: A voz do vento, 2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.