tremor

Feito de tremer

Etimoloxía

Palabra que se orixina na latina tremōre ‘estremecemento’.

Exemplos *

“A muller leva no colo as súas propias palabras / para ocultar, co peso, o tremor que a sostén.” (Iolanda Castaño: Materia, 2022)

“As desertoras pavieiras / declárovos pavieiras na amplitude das aves / e a revolución do dioivo polo tremor das mimosas.” (Olga Novo: Nós nus, 1997)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.