tren

Serie de coches de ferrocarril tirados por unha mesma locomotora

Etimoloxía

Adaptación do francés train para aludir a un ‘conxunto de vagóns unidos a unha locomotora’.

Exemplos *

“Indo no tren sentía o cheiro da cidade dos meus avós uns dez minutos antes de chegar.” (Fernando Cabeza Quiles: Domingo de resurrección/ A derradeira Noite de Reis, 2005)

“Viaxaron no mesmo tren a só catro asentos de distancia coas primeiras luces da mañá.” (Berta Dávila: A arte do fracaso/ Love me tender, 2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.