trencha

Ferramenta de carpinteiro que se emprega para desbastar a madeira e está formada por un mango e unha folla plana de metal, grosa, longa e afiada no extremo.

Etimoloxía

Non hai certeza sobre a orixe desta voz, que podería vir dunha forma céltica trenco ‘corto’.

Exemplos *

“Fóra desas inocentes esmorgas, era un home traballador; un carpinteiro de boa trencha, que o mesmo erguía un tellado que arranxaba unha fustalla.” (Xosé Neira Vilas: O Correo Galego 31-12-2000)

“Nos armarios e caixóns da cociña había, ademais de lanternas, coitelos. E na caixa das ferramentas desaparafusadores, trenchas, alicates.” (Marilar Aleixandre: O coitelo en novembro)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.