trepia

Utensilio de ferro con tres pés sobre o que se poñen as olas, tixolas etc., ao lume

Etimoloxía

Voz que procede do latín vulgar *tripedia ‘tres pés’.

Exemplos *

“Entramos nela e vin ó resplandor do lume da lareira unha muller enloitada da cabeza ós pés que, de costas a nós, atendía algo que tiña a quentar no lume encol dunha trepia.” (Xosé Mª Lema: Costa do Solpor, 2013)

“Unha boa mañá conseguía pedidos para varias semanas. Para a feira seguinte, a véspera pola tarde cargaba o carro coas táboas, os cabaletes e o toldo cos que armaba o posto; xunto coas ferramentas e ferraxes que lle encargaban, ademais doutras que facía para ofrecer alí: trepias, tiradores, bisagras, sachos, fouces, martelos...” (María Rei Vilas: Flores de ferro, 2020)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.