trevo

Planta herbácea anual da familia das leguminosas, da que existen diversas especies, con follas compostas por tres folíolos e froito en legume, que pode medrar espontaneamente ou cultivarse como alimento para o gando

Etimoloxía

Palabra proveniente do latín vulgar *trifolum que bebe do equivalente grego tríphullon e que teñen o mesmo significado que o termo galego.

Exemplos *

“O trebo das catro follas/ é a fror da felicidade./ Medra en terras de Ningures/ e veno os ollos de Naide.” (Ricardo Carballo Calero: O trebo das catro follas (1944). Ed. de Carmen Blanco en Estudos dedicados a Ricardo Carvalho Calero, tomo I, 123-40, 2000)

“Terei soñado mil veces cos ananiños que dan voltas arredor do seu cogordo e non serei máis ca un diminuto ancián , incomparable coa magnífica brevidade dos trevos.” (Carmen Pereiras: pequenos infinitos / Puiden ser un ananiño, 2008)

 

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.