Competición deportiva que inclúe carreira, ciclismo e natación
Etimoloxía
Voz neolóxica formada polo prefixo de orixe latina “tri-” ‘tres’ engadida a palabra grega ‘athlon’ que significaba ‘combate’ seguindo o modelo de décatlon ou péntatlon.
Exemplos *
“As palabras non poden describir o emocionado que estou de que unha pequena cidade como Pontevedra, onde vivo, estea agora entre as mellores para acoller eventos de tríatlon.” (E.P.: Galicia Confidencial, 18-11-2021)
“O galego Iván Raña, campión do Mundo de tríatlon en 2002, recibirá este domingo na Copa de Europa de Madrid un recoñecemento a súa brillante carreira.” (Redacción: Galicia confidencial, 29-5-2016)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.