tribo

Grupo de familias, todas elas procedentes de antepasados comúns, que viven baixo a autoridade do mesmo xefe

Etimoloxía

Voz que nos chega da palabra latina tribum de significado semellante.

Exemplos *

“Os traidores da tribu / refuxiaranse lonxe, / marcharán dos poubeos / dos avós que morreron / conformando cidade, / mais nós, xente do galo, / non deixaremos Antioquía.” (Darío Xohán Cabana: VIII Fragmentos, 1987)

“medas de lis para ti, no tempo nómade sen millo, / porque penétra-las fragas da tribo onde as mais / enormes que amas, somos meigas ou hippies / ou tal vez cervas muando ó húmido cremor / do teu bico embrión de sílex.” (Olga Novo: Nós nus, 1997)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.