Vehículo de tres rodas, coas dúas traseiras unidas por un eixe, que se move mediante pedais
Etimoloxía
Vocábulo recollido do francés tricycle con significado semellante.
Exemplos *
“(...) e unha algarabía de mocosos, todos con lentes, montados en triciclo e xogando ás carreiras polos corredores.” (Carlos Casares: Deus sentado nun sillón azul, 1997)
“Belarmina descendeu do triciclo como unha gran dama e propinoulle ó rapaz un par de sonoros bicos, debuxando logo o sorriso que só dedicaba ós seus parentes de sangue.” (Olegario Sotelo Blanco: Non houbo queixa e outros contos exemplares – O amor de Belarmina, 2001)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.