trigo

Planta da familia das gramíneas, da cal existen numerosas especies, con espigas de catro ou máis ringleiras de grans, dos que se extrae a fariña máis utilizada na elaboración do pan.

Etimoloxía

Vén do nome que se lle daba en latín, triticum, -i.

Exemplos *

"É posible que se estean perdendo variedades de millo, de trigo, avea e centeo cos que se alimentaron durante séculos os nosos devanceiros." (Nel Rodríguez Rial: O planeta ferido. Por unha razón ecolóxica)

"Á humidade e ás chuvias primaverais seguiu decontado un verán cálido e mesto sobre os campos ateigados de xirasoles, de trigo e de cebada …" (Xosé Ramón Pena: Paixóns privadas)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.