trílito

Monumento megalítico formado por unha gran laxe colocada horizontalmente enriba de dúas pedras verticais

Etimoloxía

A palabra deriva do grego tri- ‘tres’ e o substantivo lithos, ‘pedra’ e foi empregada no século XVIII por William Stukeley.

Exemplos *

“Un destes trílitos que atopei -hoxe parcialmente destruído- é coñecido como Porta do Sol, localizado no concello lugués de Navia de Suarna, na serra dos Ancares.” (Rafael Quintía Pereira: SAGA. Revista Electrónica de Investigación, 2014)

“O megalitismo propiamente, coma orixe remota da nación galega, está presente nos dolmenes esquematizados, ou mellor, trílitos, que flanquean o conxunto na súa parte superior.” (José María Laredo Cordonié: Adra, 2007)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.