tripulación

Conxunto de persoas encargadas de conducir e manter o servizo dun barco, avión, nave espacial etc.

Etimoloxía

Deriva de tripular, probablemente tomado do latín interpolare, que inicialmente tiña o sentido de 'alterar'.

Exemplos *

"O meu nome é Ish, e formo parte da tripulación da nave Eretz II." (Xoán Bernárdez Vilar: Big-Bang)

"A mítica nave Enterprise volve navegar, cunha tripulación rexuvenecida dirixida por J.J. Abrams que descobre o pasado da saga." (Isabel Laguna: Galicia Hoxe 18-04-2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.