triste

Con sentimento de tristeza máis ou menos fonda.

Etimoloxía

Este adxectivo en latín tiña a forma tristis –e e de aí pasou a todas as linguas romances.

Exemplos *

“... ela non responde, non di nada, está triste e pensa que é imbécil porque ten o verán todo por diante e a praia, o sol e o mar.” (Carlos Casares: Vento ferido)

“Mañá, ao se erguer, sentirase triste. Máis triste que ninguén. ¿E que será de Anne? Non a volverá ver. ¿Nunca máis? Nunca.” (Carlos Casares: Vento ferido)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.