tristeza

Estado de ánimo que se caracteriza polas ganas de chorar ou mesmo pola falta de interese pola vida, normalmente pasaxeiro e orixinado por un suceso desgraciado / Calidade daquilo que expresa ou que provoca ese estado de ánimo

Etimoloxía

Esta voz procede da latina tristitia que significa ‘melancolía’, ‘gravidade’, ‘severidade’ ou ‘tristeza’.

Exemplos *

“Pálida é a tristeza / máis pálida aínda a lúa / sobre a que corre esta pena.” (Luísa Villalta: Sete haikus”, El Correo Gallego, 4-4-1985)

“Ademais, para que falar de vellas tristezas que non teñen remedio. Haberá algunha vida sen íntimos fracasos, sen derrotas agachadas?” (Xabier Paz: As vidas de Nito, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.