tritón

Anfibio acuático da familia dos salamándridos, de corpo longo, cola comprimida polos laterais e cunha especie de crista dorsal nos machos, do que existen varias especies

Etimoloxía

Vocábulo de orixe grega Trítōnes, plural Trítōn, deus mariño, fillo de Posidón e Anfitrite.

Exemplos *

“A vida que non precisa demasiadas voltas e argumentos para ser soportada, simplemente un paseo a carón da terra, ou do mar inventado, ou dun río, detendo o camiñar e a vista en saltóns e zapateiros e abellas e formigas e vendellos e tritóns.” (Xosé Carlos Caneiro: Ébora, 2000)

“Exemplos doutras especies presentes na zona, ligadas ou vinculadas a medios de montaña, son a lagartixa da serra, o bufo real, aguia real... ou as poboacións de ras vermella e de San Antón, de tritóns, que habitan nos pequenas lagoas de orixe glaciar da Serra Segundeira, límite con Castela.” (José Rodríguez Cruz: Trazos sobre a vestimenta tradicional no surleste de Ourense, 2004)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.