troba

Poesía composta polos trobadores.

Etimoloxía

Formouse a partir do verbo trobar, tomado da forma idéntica do provenzal, procedente do latín tropare 'falar de xeito figurado', derivado de tropus 'figura retórica'.

Exemplos *

"Afonso devece pola música, xa é capaz de aprender de cor as trobas dos xograres, se cantase os números como canta as cancións …" (María Gándara: Magog)

"Meter a risa e o humor dentro do ámbito do serio, […] como cando o propio rei Afonso o Sabio se burla nas súas trobas satíricas das leis que el mesmo promulgara …" ("Prólogo" de Marcial Gondar Portasany a A violencia excedente)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.