trobador, -a

Poeta da Idade Media europea, a partir do século XII, que creaba composicións literarias e musicais en lingua romance destinadas a ser cantadas principalmente polos xograres

Etimoloxía

Voz que procede da occitana trobador.

Exemplos *

“A avoa ten razón, o monumento ao trobador de Vigo é a miña vista preferida; xa non deben figurar nas rotas do turismo; tendemos a facer desaparecer da vista o que molesta, o fracaso.” (Marga do Val: Tizita e Sabela na procura, 2016)

“O primeiro do que hai novas aquí na nosa Terra é do trobador Xoán Soares de Pavia. Pero entre os trobadores, o máis sonado de todos foi o provenzal Jaufré Rudel de Blai, de quen din que se volveu toliño por unha condesa de Trípoli, que endexamais ollara e da que só escoitara gaba-la fermosura.” (Clodio González Pérez: O Correo Galego, 16-12-2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.