Persoa que canta trobas, ás veces de forma improvisada / Poeta medieval do norte de Francia
Etimoloxía
Voz creada desde “trobar” que é un vocábulo de orixe occitana trobar ‘achar’ ou ‘compoñer versos’.
Exemplos *
“O troveiro reiseñor / anda a cantar. / -Ai ruíña, / tén amores cô vento / branca rosiña.” (Florencio Delgado Gurriarán: “Ruada”, A Bebedeira, 1934)
“As trobas do noso cancioneiro son case todas de asuntos amorosos, pero tamén hai algunhas nas que os trobeiros se escarnecen uns ós outros.” (Xosé Mª Lema: Costa do Solpor, 2013)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


