trofeo

Obxecto entregado ao vencedor ou ao participante nunha competición, como sinal de vitoria ou como recordo

Etimoloxía

Vocábulo que procede do baixo latín trophaeum, este, á súa vez, vén do clásico tropaeum, e este bebe do grego trópaion ‘o monumento á derrota do inimigo’

Exemplos *

“Tanta foi a expectativa creada por Kubala que o club tivo que encarar a construción dun novo estadio, o Nou Camp en 1957. Foi daquela cando o Barça gañou os primeiros trofeos internacionais.” (Joaquim Ventura: O Correo Galego, 27-5-2002)

“Fixo carreira desde a creación do equipo feminino ata virar estrela e capitá. No club lisboeta gañou cinco Ligas, dúas Copas e tres Supercopas, entre outros trofeos, ademais de liderar o equipo na Champions.” (Miguel Pardo: www.praza.gal, 22-2-2016) [visto 22-5-2026]

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.