trole

Vehículo de tracción eléctrica para o transporte público de viaxeiros, que non utiliza raís e que toma a corrente dunha liña aérea por medio dun trole dobre

Etimoloxía

Adaptación e acurtamento da palabra inglesa trolleybus ‘ómnibus que usa a trole, ómnibus eléctrico’.

Exemplos *

“(...) de súpeto atopouse na periferia máis afastada, rodeada de monte, a onde nin sequera chegaba o trolebús.” (María José Piñeira Martiñán: Sermos Galiza, 10-08-2012)

“Achegárase á cristaleira e contemplaba o movemento da praza, cos tranvías e os trolebuses a contornaren o perímetro do pequeno xardín (...)” (Xosé Ramón Pena: Como en Alxeria, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.