Ser fantástico maléfico da mitoloxía escandinava, que habitaba bosques, montañas ou grutas.
Etimoloxía
Esta forma tomouse do noruegués e a súa orixe é incerta.
Exemplos *
“O trasno é un anano caseiro, semellante ao troll escandinavo, de figura humana, que loce longas barbas e que adoita vestir un pucho …” (Vítor Vaqueiro: Guía da Galiza máxica, mítica e lendaria)
“Trondheim está a unhas poucas horas en tren de Bodo, e até aló fun. […]Esta cidade ben puido ser o berce dos trolls.” (Alejandro Tobar: Cremalleiras)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.